O Correo de Ordes-Arzúa

Axudas de 750 euros no Pino por adopción ou nacemento

  • 26 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O Pino. O goberno popular do Pino levará ao pleno do mércores a ordenanza reguladora de axudas á natalidade e para fixar poboación no municipio que contempla 750 euros polo nacemento ou adopción, sempre que a familia se comprometa a estar empadroada no municipio un mínimo de cinco anos. Esta ordenanza entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2022.

Manuel Taboada, mandatario local, presentará esta iniciativa no pleno como medida “para axudar ás familias que teñan ou establezan o seu domicilio permanente no Pino. Queremos fixar poboación no rural e tentar evitar que a xente nova se traslade á cidade”. A medida enmárcase no ámbito da Lei de impulso demográfico de Galicia e ten unha dobre finalidade, “o fomento da natalidade, como medida complementaria de apoio ás unidades familiares e, por outro, fixar poboación dentro do termo municipal”, engade Manuel Taboada.

Estas axudas beneficiarán ás familias que teñan fillos, ou os adopten, a partir do 1 de xaneiro do ano que vén. Para poder solicitalas, o pai ou a nai do menor deberá levar empadroados no Pino un mínimo de nove meses no momento do nacemento ou a adopción e ten que comprometerse a seguir rexistrado no municipio, xunto co menor, un mínimo de cinco anos despois do nacemento.

Se o fillo é o segundo, a axuda subirá ata os 1.000 euros, e se o menor ten unha discapacidade recoñecida do 33 % ou máis, chegará a 1.500 €. M. M.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.