O Correo de Ordes-Arzúa

Captúranse en abril máis de 1.300 raíñas de velutina na vila de Touro

Estos datos foron conseguidos a raíz das dúas recollidas que se fixeron polo momento

  • 06 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Touro. Durante o pasado mes de abril o Concello de Touro logrou capturar 1.314 raíñas fundadoras nas 125 trampas xeolocalizadas ubicadas en diferentes puntos do municipio para combater a praga da vespa velutina. As accións para eliminar o insecto estanse a levar a cabo durante a primavera e ata o mes de xuño, por parte da empresa Serpa (Servicios Privados Antivelutina). “Quédannos catro recollidas máis”, apuntou ó respecto o xerente de Serpa A Coruña, Pablo Iglesias López.

Segundo dixo, o número de capturas, realizado en dúas recollidas feitas cada 15 días, “é moi bo e está tendo excelentes resultados”. A firma contratada desenvolve o que se denomina trampeo profesional, que consiste na acción de instalar trampas xeolocalizadas con atraíntes especiais para capturar nos meses desta primavera raíñas fundadoras de niños de vespa velutina, que despois do letargo invernal comezan de novo o seu ciclo. Tamén están a actuar en O Pino e Brión.

Os técnicos colocan as trampas xeolocalizadas e comproban as capturas cada 15 días. Durante toda a primavera instalan 125 trampas, ubicadas en función de criterios de maior incidencia da praga e dos posibles riscos para a poboación. Os responsables da empresa animan aos veciños e veciñas de Touro a colaborar co trampeo nas súas propiedades, nos seus xardíns e nas súas hortas.

“A colaboración de todos os habitantes do concello é fundamental”, afirman. De feito en O Pino estanse a repartir trampas de balde. A. P.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.