O Correo de Ordes-Arzúa

‘Con valentía podemos vencer’ é a lenda coa que Frades batalla contra a violencia machista

  • 19 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Frades. A lenda Con valentía podemos vencer é a escollida este ano para protagonizar a campaña municipal do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, do Concello de Frades. Unha proposta realizada por Candela Garea Martínez e Diana Rivadas Porteiro, de 2º da ESO do IES de Ponte Carreira, que gañaron o concurso no que tomou parte todo o alumnado do instituto. Finalmente o xurado, integrado por profesorado do IES e técnicas municipais, escolleron a proposta de Candela e Diana que, ademais de ser recollida en camisetas, adhesivos e carteis, tamén será inmortalizada nun graffiti no polideportivo municipal de Abellá.

Un debuxo que comezaron a elaborar co apoio do concelleiro de Ensino, Manuel Ferreiro Marzoa, quen este venres presentou a campaña a todo o alumnado do IES de Ponte Carreira. A programación do 25N completarase coa instalación dunha mesa informativa no Concello o día 21. O 24 presentarase o graffiti ao público e asemade o 25 repartiranse camisetas co debuxo e a lenda entre todos os nenos do CPI de Ponte Carreira. Tamén se lerá un manifesto diante do consistorio. c.e.

TEMAS
Tema marcado como favorito
25N
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.