O Correo de Ordes-Arzúa

Corresponsables chega a Tordoia

  • 21 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

TORDOIA. Ata o vindeiro 31 de decembro desenvólvese en Tordoia Corresponsables Tordoia, dirixido a nenos e nenas de ata dezaseis anos. Trátase dun servizo de conciliación financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade, no marco do Plan Corresponsables. O servizo desenvólvese de luns a venres en horario de 16.30 a 20.30 horas e pode asistirse por horas, días soltos ou como lle conveña ás usuarias ou usuarios, segundo sinalan dende o Concello. As actividades teñen lugar principalmente na casa da cultura, pero se o tempo o permite, poden facerse noutros espazos. A actividade é de balde e hai prazas limitadas, polo que é preciso anotarse no 981 683 006 (mañá) ou no 650 070 085 (tarde). C.E.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.