O Correo de Ordes-Arzúa
Desfrutaron da música das bandas os tourenses
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Touro. Os veciños de Touro e os visitantes desfrutaron da música do XIX Festival de Bandas Concello de Touro, organizado pola Banda de Música Isabel II da vila e polo Concello. Numeroso público acudiu ao concerto das tres bandas: Arca, Brión e Touro. Abriu o festival a de Arca, que intrepretou Pusiano, Los últimos días de Troya, Maribel e Muiñeira dos Pendellos. Seguiu a de Brión con Feria de Julio, Tango for a toreador, Rollipops e Namoriqueira. Pechou a banda de Touro coas pezas Bagaxes, Gloriosa insurección e A lenda de Montelongo. c.e
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en
Mi Correo Gallego.