O Correo de Ordes-Arzúa

Detectan un brote de coronavirus en dous albergues sitos no Pino

  • 27 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O Pino. A Área Sanitaria de Santiago e Barbanza detectou un brote de COVID con 22 peregrinos mozos (de entre 20 e 21 anos) contaxiados en dous albergues no municipio do Pino o pasado sábado. Segundo as mesmas fontes sanitarias, tras estar illados marcharon ás súas vivendas en coches particulares e co consentimento informado de que se ían para os seus domicilios.

O Concello do Pino, ante o incidente, pídelle á veciñanza “que reforce as medidas de prevención, usando máscaras e mantendo a distancia de seguridade para evitar un novo brote de coronavirus”. O alcalde, Manuel Taboada, lembra que é a Consellería de Sanidade a que establece os protocolos e determina as actuacións que se deben pór en marcha. Neste senso, informa de que despois de ser inspeccionados a fondo polas autoridades sanitarias, os dous albergues seguen abertos.

Piden dende o goberno local prudencia á veciñanza, pero tamén aos locais de hostalería, “profesionais que están a cumprir coa normativa para evitar a propagación da pandemia, reforzando a limpeza e desinfección de todos os espazos e materiais”.

O grupo de peregrinos procedía na súa maioría da Comunidade Valenciana; cinco positivos foron detectados o sábado e 17 o domingo. c. e.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.