O Correo de Ordes-Arzúa

Dios Ke Te Crew, Xavier Díaz cas Adufeiras máis Monolius no Festi Ordes

  • 20 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Ordes. O Campo da Feira de Ordes vibrará coa celebración do Festi Ordes, financiado polo Xacobeo 21/22, o vindeiro 23 de setembro a partir das 21.30 horas, con algúns dos mellores grupos do panorama local, pero tamén do galego. Como aseguran dende a organización, “este festival pretende ser un punto de encontro multicultural e interxeracional, no que terán cabida algúns dos grupos máis destacados do panorama musical de Galicia, a nosa terra”. E como mostra, incluirase música para todos os gustos, co grupo de hip-hop ordense Dios Ke Te Crew, os sempre divertidos Monoulious DOP e un dos mellores representantes do folk galego como é Xabier Díaz, acompañado das Adufeiras de Salitre. Á presentación, que tivo como marco a propia vila ordense, acudiu o rexedor, edís e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro. O.D. Vilar

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.