O Correo de Ordes-Arzúa

Eliminan un vertido
de augas residuais no
rego da Ponte Ribeira

A Xunta detectou en Ordes o foco, causado por un atranque no sistema de depuración

  • 02 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Ordes. A Xunta vén de eliminar un punto de vertido de augas residuais sen depurar ao rego da Ponte Ribeira, no concello de Ordes. Os técnicos do Plan de Control de Vertidos, que desenvolve Augas de Galicia, localizaron este foco nunha inspección rutinaria. O persoal da Administración autonómica comprobou que se orixinaba como consecuencia dun atranco no sistema de depuración existente na entorna do rego, o que producía que as augas residuais brutas non chegasen a penetrar nos dispositivos de tratamento e acadasen directamente o dominio público.

Augas de Galicia solicitoulle ao Concello a realización das actuacións necesarias para eliminar este aporte contaminante. O Concello ordense procedeu ao desentullo da entrada do sistema de depuración a través da empresa concesionaria do servizo municipal de saneamento. Os técnicos do Plan de Control de Vertidos levaron a cabo unha nova inspección de seguimento, confirmando posteriormente a emenda do vertido.

LIMPEZA. Hai que lembrar que tamén Augas de Galicia puxo en marcha a mediados de febreiro labores de conservación e limpeza no treito interurbano do río Fraga. Concretamente a entidade levou a cabo os traballos nun treito deste río, de preto de 1,3 quilómetros de lonxitude, que coincide co seu percorrido polo lugar de Ordes, na parroquia de Santa María.

As accións enmarcáronse no programa de mantemento, conservación e mellora que realiza Augas de Galicia no dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-centro. Retiráronse deste xeito árbores e pólas caídas na canle, así como madeira morta e atoamentos, facilitando así que quedase despexado de maleza. A. P.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.