O Correo de Ordes-Arzúa

Frades alega contra o parque eólico de Brancellao

  • 23 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Frades. O Concello de Frades vén de presentar alegacións ao proxecto do parque eólico Brancellao, de 140 MW, accesos a infraestruturas eléctricas de evacuación nos concellos de Boimorto, Curtis, Vilasantar, Frades, Mesía, Ordes e Carral, dentro do prazo de información aberto pola Área de Industria e Enerxía da Delegación do Goberno en Galicia. O alcalde, Roberto Rey, explica que o estudo realizado determina que “a actuación pretendida no parque eólico Brancellao non resulta compatible nin co planeamento, nin co medio socioeconómico e produtivo”.

Explica que o emprazamento do parque incumpre as disposicións da Lei 8/2009 de Planificación do aproveitamento eólico de Galicia. “A totalidade dos aeroxeradores se atopan fóra das delimitacións máis próximas das áreas de desenvolvemento eólico e algún deles afecta a terreos incluídos na Rede Natura”, sinala Rey, “pero é o aeroxerador 25, que é o que afecta á parroquia de Vitre, está dentro da área de influencia de 500 metros do núcleo rural de Aboi, o que non resulta compatible co disposto no plan sectorial vixente. Ademais, afecta á área de protección integral do castro de Aboi e está na área de influencia da igrexa de Vitre”. arca

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.