O Correo de Ordes-Arzúa

Frades anima aos veciños a doar alimentos neste Nadal

  • 25 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Frades. O Concello de Frades, en colaboración con Cáritas, organiza unha recollida de alimentos para as familias máis necesitadas do municipio. A campaña, que se organiza por noveno ano consecutivo, comezou este xoves e a recollida estará aberta ata o vindeiro 21 de decembro.

Este ano mantéñense os tradicionais sete puntos de recollida: o supermercado Loli e o salón de peiteado Patricia Tacón (Abellá), os supermercados Claudio e Tandy (Ponte Carreira), a Cooperativa Central de Frades (Ledoira), o CPI Ponte Carreira e a propia casa consistorial. Poderán entregarse alimentos básicos: leite, aceite, azucre, pasta, arroz, legumes, conservas, etc. que non estean caducados, non superasen a data de consumo preferente e estean debidamente etiquetados.

O alcalde, Roberto Rey, agradece por adiantado “a colaboración tanto de Cáritas como dos distintos establecementos e entidades nesta recollida. Toda axuda é benvida e estou convencido de que os veciños e veciñas de Frades volverán demostrar un ano máis a súa extraordinaria solidariedade para axudar ás familias máis necesitadas nestas datas tan sinaladas”.

En anteriores edicións recolléronse uns catrocentos quilos por campaña. c. e.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.