O Correo de Ordes-Arzúa

Frades retoma tralo parón da covid a Festa dos Maiores

  • 13 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Frades. O Concello de Frades abreu o prazo de inscrición na XXIII Festa dos Nosos Maiores, que terá lugar o 28 de maio na carballeira de San Nicolao e contará coa presenza do alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, da Corporación e dun representante da Xunta aínda por confirmar. Unha festa á que están convidados todos os veciños e veciñas de máis de 60 anos, que estean empadroados en Frades, así como as súas parellas, que deberán anotarse nos Servizos Sociais (981 695 567) antes do 23 de maio.

Rey sinala que “as persoas maiores merecen máis que nunca este día de celebración despois de dous anos nos que tiveron que pasar por momentos moi duros por mor da pandemia do coronavirus”. O Concello porá a disposición da veciñanza un servizo de autobús, cuxa utilización deberá ser comunicada no momento da inscrición. En caso contrario, entenderase que usarán o transporte particular. A festa comezará ás 13.00 horas cunha misa, que dará paso a unha actuación do Dúo Eva e Camilo. O xantar será ás 14.30 e a partir das 16.30 horas haberá actuacións musicais, así como xogos populares. Finalmente, ás 18.00 horas terá lugar a tradicional homenaxe aos maiores de 90 anos. arca

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.