O Correo de Ordes-Arzúa

Malestar no PP ordense pola supresión dunha glorieta no vial N-550

Critican que non figure nestes orzamentos estatais pese a que se anunciara no ano 2015

  • 31 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Ordes. O PP de Ordes vén de lanzar as súas críticas contra o Goberno de Pedro Sánchez, denunciando que “a través do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, vén de suprimir no proxecto de orzamentos do Estado para 2021 a partida de 1,2 millóns de euros contemplada nos orzamentos anteriores para a execución dunha glorieta e paso inferior na saída sur da vila, no punto quilométrico 37 da estrada N-550”.

Segundo as mesmas fontes, esta obra fora comprometida polo entón presidente Rajoy nunha visita a Ordes en agosto de 2015. A execución desa rotonda con paso inferior na N-550 permitiría dar continuidade á rolda leste (AC-408 e AC-409) de circunvalación de Ordes para enlazada coa estrada de Carballo (AC-413) e co tanatorio e o cemiterio municipal do Balado para, deste xeito, desviar do pobo, e sobre todo do barrio do Recreo, todo o tráfico pesado.

O proxecto implicaría “un aumento da seguridade viaria, liberar de tráfico o centro da vila e reducir os cheiros e riscos sanitarios derivados do tránsito de camións cara as plantas da Areosa, entre as que se atopa unha factoría de procesamento e eliminación de animais mortos”.

Asimesmo, lembra o PP que xa tiña partidas orzamentarias en 2018 e 2019. m. o.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.