O Correo de Ordes-Arzúa

Melide reabre mañá o seu mercado de produtos agroalimentarios

Os populares critican unha decisión que consideran se tivo que haber tomado antes

  • 13 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Melide. O Concello de Melide vén de anunciar a reapertura, mañá domingo, do seu mercado de venda de produtos agroalimentarios, “despois de acadar un descenso significativo, e continuo ao longo dos días, no número de casos activos da COVID”, sinalan fontes municipais.

O mercado dominical celebrarase na súa ubicación habitual, na Praza das Coles e na Rúa Alhóndiga, e contará cun dispositivo especial de seguridade para que se poida desenvolver baixo o estrito cumprimento das normas sanitarias vixentes.

O Concello pídelle aos veciños e veciñas “que cumpran as normas básicas sanitarias,

distanciamento social, hixiene de mans e uso de máscara, para poder continuar coa tendencia á baixa, podendo así consolidar a celebración do mercado de produtos agroalimentarios”, apuntan dende o goberno local.

Ante esta noticia, os populares non tardaban en amosarse críticos ante unha decisión que consideran “se puido ter tomado moito antes” posto que argumentan que “ningunha lexislación estatal ou autonómica” prohibía celebrar este tipo de mercados. Tamén “lamentan” dende o PP que a reapertura non se levase a cabo hai un mes cando, din, se produciu “unha reacción en cadea” no comercio local. Respecto á vontade de abrilo mañá consideran que “obedece a criterios políticos”, posto que din “non hai ningún informe sanitario” que avale a determinación de mantelo pechado ou aberto.

Para a portavoz popular, Dalia García, esta decisión “é unha proba máis do errado que estaba este goberno ao decidir pechar o mercado de proximidade”, apostilla. Insiste en que o peche debíase a “un empeño político por querer gañar unha posición que non estaba avalada por nada nin por ningúen”. Lembra que a vila segue a ter “unha incidencia maior a 250, que é o criterio que manexan os comités” para avaliar o nivel epidemiolóxico e que polo tanto, non é a razón. C.E.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.