O Correo de Ordes-Arzúa

Melide reforma a piscina climatizada por 604.000 €

  • 21 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Melide. As instalacións da piscina climatizada de Melide levan pechadas dende o pasado 3 de setembro de 2019 debido ao mal estado no que se atopan. Agora, durante o 2021, o Concello acometerá un proxecto de reforma que suporá unha inversión de 604.000 euros. O obxectivo “é que deixe de ser unha piscina climatizada cun pequeno ximnasio, unha sala de actividades dirixidas e uns vestiarios totalmente insuficientes, e pase a converterse nun centro deportivo con todas as características que isto comporta en canto aos servizos prestados”, sinalan dende o goberno . É por iso que, excepto o vaso da piscina, o resto someterase a unha reforma integral: ampliarase o ximnasio (que pasará de 80 metros cadrados a 178) e os vestiarios, e haberá dúas salas de actividades dirixidas. Mudarase asemade a totalidade das máquinas de ximnasia e o sistema de climatización, para que cumpra coa normativa vixente.

“Intentaremos que este centro deportivo se integre como unha nova posibilidade na urbanización Taboada Roca”, indica o concelleiro Jose A. Prado. a.p.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.