O Correo de Ordes-Arzúa

Melloras na eficiencia enerxética do centro de servizos sociais de Melide

  • 18 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

MELIDE. O Concello de Melide vén de realizar unha serie de actuacións encamiñadas a mellorar a eficiencia enerxética, dentro da subvención do Fondo de Compensación Ambiental, no centro de servizos sociais do municipio. Segundo sinalaron fontes municipais os traballos que se puxeron en marcha consistiron en substituír a carpintería exterior, así como en cambiar as vellas lámpadas fluorescentes por Led, o que suporá un importante aforro de enerxía, ao ser moito máis sustentables. Asemade buscáronse avances no aforro de auga mediante a instalación dun novo termo de produción de auga quente. Por certo que dende o Concello informan que a Coral Polifónica de Melide vén de anunciar o aprazamento da XXXI Semana da Música por mor do covid-19. A cita estaba prevista para os día 21, 22, 28 e 29 deste mes. A.P.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.