O Correo de Ordes-Arzúa

Mesa redonda en Melide sobre a crise e a inflación

  • 27 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

MELIDE. Este xoves, ás 20.00 horas, celebrarase en Melide, no local de ASETEM, un acto convocado por Recortes Cero que leva por título Respostas e propostas aos retos da inflación e a crise, as medidas de redistribución da riqueza que necesita a nosa comunidade. Segundo explican dende a entidade, esta iniciativa xorde “ante a gravidade da situación en canto á suba de prezos e a inflación galopante que afecta ao 90 % da poboación”, din. “Pensamos que é necesaria a unidade de todas as forzas sociais e políticas para dar unha resposta a esta situación”, engaden. Por conseguinte, o obxectivo da reunión, según Recortes Cero, é ir artellando unha resposta unitaria sobre a redistribución da riqueza, “onde a unidade esté baseada no respecto absoluto aos diferentes criterios e formas de pensar e de actuar das organizacións”. Será unha mesa redonda coa participación das distintas organizacións sociais e políticas, seguida dun coloquio cos asistentes ó acto. C. E.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.