O Correo de Ordes-Arzúa

Novas beirarrúas para o polígono de Merelle en Ordes

  • 15 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

ORDES. O Concello de Ordes informa da apertura do proceso de licitación (ata o vindeiro día 17) das obras de mellora da infraestrutura viaria do polígono industrial de Merelle. As actuacións inclúen a mellora das beirarrúas mediante a renovación do pavimento e incrementando o seu ancho para unha maior funcionalidade e accesibilidade. Dos case 3.200 metros cadrados de superficie que ocuparán, uns 2.900 destinaranse para o tráfico peonil, e outros 325 metros cadrados corresponden ás entradas e accesos ás naves e demais inmobles. Nestes casos, o pavimento irá reforzado debido á necesidade de soportar o peso de vehículos de gran volume. O prazo é de seis meses. CG

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.