O Correo de Ordes-Arzúa

O Bloque de Arzúa insta a que se revise
a piscina para evitar atrasos

Carril pide ao goberno local “que faga os deberes” para non repetir o doutros anos

  • 01 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Arzúa. O portavoz municipal do BNG de Arzúa, Xoán Xesús Carril, referiuse á situación da piscina municipal exterior, instando ao alcalde e ao goberno municipal á revisión das infraestruturas para que esta instalación poida “abrir en tempo e forma” no verán.

Carril instou así ao alcalde a “facer os deberes agora que estamos a tempo para evitar os retrasos na apertura da piscina que se teñen producido en anos anteriores, habida conta de que esta é unha instalación moi usada pola nosa veciñanza”, explicou.

Ademais, desde o BNG consideran que “a piscina municipal precisa unha urxente remodelación, mellorando e modernizando as instalacións, algo no que o alcalde debería implicarse, buscando financiamento para este necesario arranxo”, concluíu o voceiro nacionalista.

CENTRO DE DÍA. Por outra banda, os nacionalisas de Arzúa manteñen aberta a campaña para reclamar un centro de día público para o municipio. Na presentación, hai uns días, Xoán Carril explicou que “iniciamos esta campaña, que se prolongará nos vindeiros meses, coa finalidade de demostrar que o centro de día é un servizo necesario e demandado pola veciñanza do concello de Arzúa”.

A campaña contempla a recollida masiva de sinaturas para seren presentadas posteriormente. Segundo sinalou o voceiro do BNG arzúan, “iniciaremos unha xira por todas as parroquias do concello destinada a implicar ás nosas veciñas e veciños nesta xusta reclamación”. arca

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.