O Correo de Ordes-Arzúa
Alertan de que o número de nenos, 25, supón un risco para todo o alumnado e en especial para catro que teñen enfermidades crónicas

O Concello de Melide apoia ós pais de alumnos que piden solucións por unha aula ateigada

    • 14 sep 2020 / 19:18
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    O salón de Plenos do Concello de Melide acolleu a reunión cos pais e nais do alumnado de terceiro de Primaria do CEIP nº1 da vila. Este colectivo reclamou nun escrito dirixido á xefatura Territorial e ao inspector de zona o desdobre desta aula. Son un total de 25 alumnos e alumnas e apelan a “solucionar a inexistencia dun espazo mínimo vital para os nenos e as nenas”. Explican que neste nivel educativo hai alumnos e alumnas en situación de vulnerabilidade con enfermidades crónicas e incurables” que son consideradas como de risco ante o covid-19. Indican tamén que hai outras aulas libres dispoñibles neste centro que pode ser utilizadas.

    Os representantes municipais amosaron durante a xuntanza o seu apoio ao colectivo de pais e nais e tendéronlles a man para axudarlos en todo o que fose posible. A semana pasada este colectivo de pais e nais rexistrou un escrito na Inspección de Educación relatando a situación e pediron que se desdobrara esta aula para poder cumprir co protocolo anticovid. Ante a falta de resposta, realizaron protestas simbólicas fronte a este centro escolar en protesta para reclamar que a Consellería atenda unha demanda que consideran necesaria nestes tempos de pandemia.

    Dende a Concellería de Educación do Concello de Melide, coñecedores desta situación polos pais e nais, amosáronlles dende o comezo a súa axuda nesta reinvindicación. Na xuntanza deste luns, acordaron seguir mantendo o contacto e a colaboración permanente e que como primeira medida de goberno, remitiron un escrito dirixido ao conselleiro de Educación apoiando as peticións das nais e dos pais.

    Tema marcado como favorito