O Correo de Ordes-Arzúa

O Pino abre o prazo para a Escola de Verán

  • 28 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

o pino. O Concello do Pino vén de abrir a inscrición para a súa Escola de Verán, que se desenvolverá do 23 de xuño ao 7 de setembro, ámbolos dous días inclusive, e na que ofrece 50 prazas por quenda. Trátase dun programa de conciliación que o Concello lle ofrece ás familias do Pino con necesidades de conciliar a vida laboral e familiar durante as vacacións escolares. As actividades, que se desenvolverán no pavillón municipal e nos exteriores do CPI Camiño de Santiago (Arca), están abertas a menores do Pino de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. O prazo para solicitar praza remata o vindeiro 17 de xuño. A Escola de Verán contempla un total seis quendas. arca

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.