O Correo de Ordes-Arzúa

O Pino estrea este sábado a festa da familia O papaventos en Castrofeito

  • 15 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O Pino. A área recreativa da Magdalena, en Castrofeito, acollerá este sábado 17 de setembro a primeira edición da festa da familia O papaventos organizada polo Concello do Pino, unha xornada na que pequenos e maiores poderán gozar xuntos de xogos, obradoiros ou espectáculos, ademais dun xantar de romaría na carballeira. A celebración,

prevista en principio para o 3 de setembro, tivo que ser aprazada por causa da chuvia. A xornada festiva comezará ás doce do mediodía coa apertura dun espazo lúdico que permanecerá en funcionamento durante toda a xornada e contará con dúas zonas diferenciadas, unha delas reservada a bebés.

Tamén ao longo do día se desenvolverá un xogo de pistas pola carballeira. Haberá unha festa holi e despois do xantar agarda unha tarde chea de sorpresas. Faranse xogos tradicionais e grupais, así como obradoiros para construír papaventos e customizar camisetas. Asemade, non faltarán os espectáculos. Luís Iglesias e o músico Carlos Quintá convidarán a divertirse coas súas versións de xogos tradicionais na Eira do paporrubio. Estarán tamén na festa a compañía Troula Animación e Uxía lambona e a banda molona. c.e.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.