O Correo de Ordes-Arzúa

O Pino solicita fibra para cada núcleo

Segundo a resposta de Amtega quedarían 71 excluídos do Plan de Banda Larga 2020 da Xunta // Amarelle e Bugalleira teñen o servizo

  • 30 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) xa contestou ao escrito que o rexedor do Pino, Manuel Taboada, lle enviou a pasada semana para saber cantos núcleos de poboación da vila ían contar coa banda longa este ano. Segundo especifican dende a entidade, os lugares de Amarelle e Bugalleira contan xa co servizo grazas ao Plan de Banda Larga 2020 da Xunta de Galicia e relaciona outros 63 núcleos beneficiarios das subvencións contempladas no Programa de Extensión da Banda Larga de Nova Xeración, dependente do Goberno central, que remata o 31 de decembro.

Con todo, segundo especifican dende o goberno local, quedan fóra destes plans un total de 71 núcleos do Pino, motivo polo que o alcalde esixirá que “sexan incluídos sen falta na próxima convocatoria, de xeito que toda a veciñanza do municipio poida dispor dunha conexión a internet de altas prestacións o máis axiña posible”.

En conreto, os núcleos que quedarían fóra dos programas actuais e para os que o Concello vai solicitar a conexión atópanse nos munipios de Arca (O Burgo, Outeiro, Picón e Samil), Budiño (Porta de Roxos, A Fontaíña, A Voutureira, As Cancelas, Carolliño, Fixó, O Couto, O Campo, O Cruceiro, Parañoa, Pazos de Arriba, Pazos de Abaixo, Regodauga e San Migueliño), Cebreiro (Casal e O Pazo), Castrofeito (Rial, Samil, Tixoliño e A Figueiroa), Cerceda (O Vilar, Vilarmeao e San Miguel), Gonzar (A Igrexa, Cabanelas, O Carballiño, Os Castriños, Gonzar, O Lameiro, Rabal de Arriba e San Gregorio), Lardeiros (A Igrexa, Casacuberta, Domés, O Casal, Pereirameá, Piñeiro, Pulleira e Vilaseco), Medín (Cabaleiros, Cerdeira, Cimadevila, Setas, Sobrado e O Porto Outeiro). Na Pereira: A Igrexa, O Ameneiral e O Castro; en O Pino: Vermás e O Vento; en San Breixo: A Igrexa, A Torre, O Casal, Lengüelle e Outeiro; en San Mamede: A Igrexa, Aquelavila, Calle, Frechazo Primeir , Frechazo Último, Margaride, O Vilar, Rourís; e en Pastor: Barcia, A Pena, Ponte Carreira, Ombre, A Igrexa, Liñares, Gándara, Currás, Casanova e Fonteseca.

Manuel Taboada pide así que se sumen aos outros 63 contemplados no Plan de Banda Larga.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.