O PP pide que Melide se una ás axudas autonómicas
Melide. A voceira do Partido Popular de Melide, Dalia García, reclamou ao goberno bipartito que se adhira ao plan de axudas da Xunta para os sectores máis afectados pola crise da COVID.
“Se analizamos a realidade económica de Melide, o sector terciario ten unha preponderancia moi elevada na nosa economía, motivo polo cal, e logo dun ano de pandemia, non hai motivos xustificables, tendo o Concello a situación económica que ten (moi boa) para que o bipartito non aprobe un paquete de axudas para os sectores máis castigados pola crise que teñen moita presenza na nosa vila”, sinala a portavoz popular.
García cre que “non hai escusas” xa que a Xunta vén de poñer a disposición dos concellos unha plataforma de xestión na que todo aquel que así o manifeste poida xestionar axudas directas a os sectores máis afectados pola crise. “Hai negocios que levan un ano con restricións e coa persiana baixada. Malia que a Xunta é a única administración que xestionou e pagou xa varios plans de rescate, a pasividade do bipartito é unha cuestión que os populares non deixarán de reclamarlle aos responsables que están máis preocupados pola imaxe que polo fondo do asunto”, matiza a voceira. arca