O Correo de Ordes-Arzúa

Obradoiros e mostras son a antesala da gran festa de Samaín en Touro

  • 13 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

TOURO. “Esta nova normalidade tampouco conseguirá prohibirnos a nosa ancestral celebración”. Así anuncia o Concello, a través das redes sociais, a festa de Samaín e todas as actividades que preceden ao día oficial. A xornada do 26 está previsto un obradoiro gastronómico, titulado Máster Chef do medo, para o día 28 organizarase o taller O mestrado da costura’ co que se “convertirá Touro na envexa das pasarelas máxicas”, apuntan dende o goberno local. Ese mesmo día terá lugar unha feira dos complementos e o 30 desenvolverase un curso no que se revelarán os mellores trucos e ideas para decorar. O gran día, o 31, a casa da cultura acollerá un photocall e actuará o grupo Brinca Vai. As propostas previas serán tamén na casa da cultura e hai que inscribirse antes do 22. Debe irse con antelación para gardar distancias. A.P.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.