O Correo de Ordes-Arzúa

Os melidenses saen ás rúas para desfrutar das compras

Reabriu o mercado de téxtil, calzado e ferraxería // Houbo descontos en vinte negocios da man de Asetem e o Concello

  • 02 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A fin de semana deixou en Melide un bo sabor de boca no sector comercial local. E é que o bo tempo acompañou a todos os veciños e veciñas que decidiron saír ás rúas para desfrutar dos grandes descontos da campaña posta enmarcha por Asetem. Tamén a todos aqueles que se achegaron á ampla extensión da Praza das Universidades, rúa Galicia e parque Rosalía de Castro, onde tivo lugar de novo o mercado dominical de téxtil, calzado e ferraxería, que volve cobrar vida tras un tempo suspendido por mor da pandemia da COVID.

A estas dúas citas comerciais hai que engadir tamén a do mercado de produtos agrícolas, que está activo dende o pasado día 14 de febreiro.

No caso de Asetem, este ano a asociación de comerciantes non puido celebrar o Mercamelide de inverno, polo que optaron, xunto ao Concello, por facer unha campaña de descontos dende os establecementos. Participaron preto de vinte negocios, pertencentes aos sectores da moda e do calzado, pero tamén puideron atoparse tendas de mobles, de beleza e de xoguetes. Esta forma diferente de apoiar ao comercio local permitiu que os comercios da vila incrementasen as súas vendas á vez que se mantiveron todas as medidas de protección, ao non potenciar a posibilidade de que se formen aglomeracións, como podería suceder de celebrarse o Mercamelide habitual.

Asemade, dende a entidade afirman que en todo momento os negocios participantes cumpriron “coas normas de seguridade promovidas polas administracións para poder facer fronte á COVID”.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.