O Correo de Ordes-Arzúa

Sorteo en Melide dunha vivenda de promoción pública en Cándido Paz

  • 08 jun 2021 / 17:59
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Melide. A Xunta de Galicia realizou onte o sorteo ante notaría dunha vivenda de promoción pública (VPP) no concello de Melide. Concretamente, trátase dunha casa que xa fora adxudicada con anterioridade e que agora se volve adxudicar unha vez que volveu a mans do Goberno galego. A residencia, emprazada na rúa José Cándido Paz Ares número 4, dispón de tres dormitorios, cunha superficie útil total de 79,32 metros cadrados. Ademais, conta cunha praza de garaxe e rocho.

No sorteo para proceder á súa adxudicación entraron todos os solicitantes de vivenda protexida inscritos en Melide no Rexistro de Demandantes de Vivenda.

De entre todos eles, seleccionáronse cinco, e quedaron en lista de agarda para futuras vacantes todas aquelas persoas seleccionadas que finalmente non resultaron adxudicatarias desta vivenda. C.G.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.