O Correo de Ordes-Arzúa

Suspendeuse no pleno de Arzúa o cobro ás terrazas para o 2021

A proposta, que trata de axudar ao sector da hostalaría, foi aprobada por unanimidade

  • 07 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Arzúa. O goberno local de Arzúa propuxo na sesión plenaria de onte a suspensión da aplicación da ordenanza fiscal reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público por mesas e cadeiras, tribunas, taboados e outros elementos análogos. A proposta de conxelación desta taxa, que afecta maiormente á

instalación de terrazas por parte do sector da restauración, contou co respaldo de todos os partidos .

Con esta medida, recoñece o alcalde, José Luis García, “tratamos de axudar a un dos sectores máis afectados pola crise provocada pola pandemia”. A conxelación da taxa para o vindeiro ano é, en palabras do rexedor, “unha medida absolutamente necesaria tendo en conta a situación en referencia ás restricións que soporta o sector da restauración como consecuencia da covid-19”. Comprométese a seguir traballando “coa idea de xestionar os recursos dispoñibles do xeito máis eficaz e xusto posible”, sinalou.

A sesión plenaria celebrada onte tamén permitiu dar luz verde á modificación da ordenanza da taxa pola subministración de auga, conservación de contadores e acometidas. Esta modificación implica a actualización do recibo correspondente ao consumo de auga potable, que para o ano 2021 contará cunha rebaixa do 0,4%, dacordo co IPC. A.P.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.