O Correo de Ordes-Arzúa

Touro terá en A Santaia un punto limpo municipal

  • 04 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Touro. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de aprobar as axudas ao Concello de Touro para o financiamento da posta en marcha dun punto limpo de competencia municipal, unha actuación en materia de recollida de residuos especiais. Este proxecto está cofinanciado nun 90 % polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da Unión Europea, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea Next Generation.

O investimento total do proxecto é de 408.348 euros, incluíndo o Imposto de Valor Engandido (IVE). A subvención non inclúe o IVE, que asumirá o goberno local deTouro, que tamén se fará cargo do 10 % restante. Da Unión Europea chegarán 300.000 € de axuda para o proxecto.

A subvención total concedida ao Concello para pór en marcha o novo punto limpo, que irá a cargo dos orzamentos xerais da Comunidade autónoma para os anos 2022, 2023, 2024 e 2025, suma un total de 300.000 euros. Esta cantidade desglósase en catro anualidades. O alcalde, Ignacio Codesido, amosou a súa satisfacción ante un proxecto “necesario para o noso concello” e que estará ubicado na zona de A Santaia. c. e.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.