O Correo de Ordes-Arzúa

Touro xestionará un presuposto un sete por cento máis alto ca no 2020

As contas son de 3,6 millóns e o alcalde destaca que non hai practicamente débeda

  • 13 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Touro. O Concello de Touro xestionará un presuposto de 3.662.000 euros neste 2021. Medrará así nun 7% con respecto ao do ano anterior, que chegou ata os 3.419.924 euros. Das contas, que obtiñan luz verde durante o último pleno, destinarase ao capítulo de gastos correntes, bens e servizos un total de 1,78 millóns de euros. Os gastos de persoal representan 1,10 millóns e as transferencias correntes chegan ata os 220.300 €. Este último apartado medra un 115% respecto aos 102.000 euros destinados a transferencias correntes o pasado ano. O Concello de Touro explica que esa cantidade servirá “para facer fronte a cuestións vinculadas á pandemia da COVID, entre as que poderían estar axudas a sectores afectados polo impacto do coronavirus”, indican.

Os investimentos reais previstos para a vila en 2021 superan o medio millón de euros. Pola súa banda, as transferencias correntes supoñen 2.303.000 € no presuposto de ingresos do Concello para este ano. Os impostos directos acadan os 760.473 euros e os indirectos, 35.000 €. As tasas, prezos públicos e outros representarán en 2021 uns ingresos de 217.000 euros para o municipio. As transferencias de capital sumarán 346.673 euros.

O alcalde de Touro, Ignacio Codesido, considera que o actual orzamento é “realista” e se axusta “ás necesidades actuais da pandemia”. Asemade quixo destacar que o Concello “non rexistra practicamente débeda”, asegura. A.P.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.