O Correo de Ordes-Arzúa

Traducen a diáspora do avogado ordense Manuel García Gerpe ao galego

  • 09 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Ordes. A editorial Alvarellos vén de reeditar en galego Aramados, a traducción da obra Alambradas, mis nueve meses por los campos de concentración franceses, do avogado ordense Manuel García Gerpe, e na que o autor reflicte o confinamento obrigado no país galo ao que eran sometidos os republicanos. Hai que lembrar que a obra inicial divulgouse no ano 1941 en Bos Aires, onde acabou emigrado García Gerpe (quen morrería con so 41 anos en 1949). O xurista foi, ademais, un dos persoeiros públicos de maior relevancia na vila de Ordes durante a Segunda República, onde Manuel Pazos o eleva a referente “político e cultural” da localidade. Alí, do mesmo xeito, conta cunha rúa que leva o seu nome. A edición de Aramados, que ten 164 páxinas, foi posible grazas a axuda do Concello de Oroso e da asociación cultural Obradoiro da Historia. m.m.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.