O Correo de Ordes-Arzúa

Trazo recibe a Pakolas e Laura Romero na piscina

  • 17 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Trazo. Os pequenos e pequenas de Trazo, acompañados dos pais, desfrutaron na piscina municipal da música de Pakolas acompañada dos contos, historias, cores e debuxos da ilustradora Laura Romero. O evento, organizado polo Concello coa colaboración da Deputación da Coruña, foi de balde. Dende o goberno local lembran que o vindeiro domingo 28, tamén na piscina, terá lugar unha gran festa entre as 17.00 e as 19.00 horas na que a cativada desfrutará moito cos inchables e acuáticos. Para o tres de setembro, aínda dentro dentro da programación de verán, Títeres Cachirulo presentará Xela contra o dragón traga verbas ás 19.00 horas na Carballeira de Chaián. Por certo que Chaián desfrutou este luns e o martes de dous días de festa. O 15 houbo pasarrúas de man de Faíscas da Pontagra, misa, vermú con Alaska, inchables e verbena a cargo de Nueva Fuerza. O martes, de novo pasarrúas, misa, vermú con Eureka e verbena co Combo Dominicano. A. PRADA

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.