Editoriales

A pequena aldea que se converteu na gran capital da lingua galega

  • 04 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

rural vivo. Moi preto da casa onde naceu o autor do himno de Galicia está a pequena aldea pontecesana do Couto, un lugar que, froito do traballo e o tesón dos seus veciños e veciñas e do labor incansable dos membros da Asociación Monte Branco e da Fundación Eduardo Pondal, converteuse en capital da lingua galega co seu Festiletras, un encontro anual que xunta a escritores, músicos, científicos, artesáns e outros persoiros para promocionar e defender as letras da nosa terra. Este ano esta gran cita da cultura galega cumpriu corenta anos. Catro décadas de superación continua e dun incansable labor en equipo capitaneado por José María Varela. Unha proba de que o rural segue vivo. O Couto é un bo exemplo e debe ser tamén o espello no que teñen que mirarse outras moitas aldeas e vilas. A cultura é universal e non coñece fronteiras.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.