Firmas

A ausencia como esencia da saudade

    • 17 dic 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    DEFENDEU Ramón Piñeiro que cada ser humano pode ter unha filosofía propia, pero, ao vivir en sociedade, forma parte dunha comunidade espiritual. O que o leva a argumentar que cada pobo ten a súa propia filosofía, cunha particular actitude mental que se reflicte nas creacións culturais.

    Aproxímase ao existencialista Heidegger, no fundamento antropolóxico vinvencial da filosofía. A filosofía vai, xa que logo, para Piñeiro, unida a unha cultura determinada. No caso galico-portugués, unha cultura de carácter intimista de “especial intensidade”.

    “O ser é percibido polo home como o seu ser, como cousa vivida, experimentada, sentida, antes que como cousa pensada”, sostén Piñeiro.

    E onde radica o cerne do sentimento-filosófico galego xa que logo: na saudade. “A saudade non é morriña nin nostalxia. A saudade carece de obxecto ao que dirixirse. É un puro sentir na intimidade, sen contacto coa vontade ou co intelecto”.

    Non é un simple estado psicolóxico, senón unha vivencia orixinaria. “É unha situación de radical soidade antolóxica”. Como sentir é ser, para Ramón Piñeiro, esa soidade antolóxica non é outra cousa que “sentir saudade”. A saudade non está, para Piñeiro, suxeita ao tempo, senón ao propio ser.

    O sentimento é o único que nos fai comprender “o significado de temporalidade, intemporalidade, singularidade e transcendencia”.

    Escribe Piñeiro que a personalidade de Galiza non se atopa na paisaxe (País) e na cultura (pobo), que é creación humana, senón na transmisión cultural que actúa no presente e no futuro, pois o home é un ser histórico.

    A saudade carece de obxecto ao que dirixirse. “É un puro sentir”.

    Pero que cal é a esencia mesma dese sentimento, da saudade?

    Para min non é outro que a “ausencia”. A AUSENCIA impregna todo o ser galego, todo o ser dos galegos. Sufrimos de ausencia, vivimos ausentes.

    Esa ausencia ben motivada pola emigración. Os que marchan sofren de ausencia, os que quedan sofren de ausencia, os que fican alá morren de ausencia e os que volven mátaos a ausencia. Segundo os estudos, polo menos, cen persoas, están relacionadas con cada emigrante. Boten contas.

    A emigración é percibida como SAUDADE.

    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.