Firmas

A monarquia é antidemocrática aínda que o Rei cumpra coa lexislación vixente

    • 11 oct 2020 / 00:27
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    Non hai que facer unha carreira universitaria para decatarse de que as monarquías son antidemocráticas en todo o mundo.

    Non estou a falar concretamente da monarquía española nin do actual Rei de España Felipe VI. Estou a falar da forma na que se accede a ser monarca, a vía hereditaria; un é monarca simplemente por ser fillo do seu pai, por saír pola vaxina da súa nai. A vía vaxinal para acceder a xefatura do Estado, como acostumo a decir eu.

    O monarca non se presenta a eleccións. Aínda que no Estado español haxa quen nos queira facer crer que a monarquía si que se presentou a eleccións cando se fixo o referendum constitucional de 1978. Iso é mentira.

    No 1978 votouse unha constitución que, actualmente, está caduca; na que se lle impuso aos seus votantes no seu interior o tema da monarquía.

    Os que daquela poideron votar, os da miña idade eramos menores, quixeron maioritariamente dar o visto bó á reforma do franquismo porque xa non aguantaban máis a réxime ditatorial.

    Pero non esquezamos que anteriormente ao referendum constitucional de 1978 foi Franco quen designou ao Rei como futuro xefe do Estado.

    A constitución foi, en moitos aspectos, produto do que o anterior xefe do Estado quixo que fora, a continuidade da súa rexime.

    Ata o Partido Comunista de España de Santiago Carrillo tragou co sapo da monarquía con tal de ser legalizado. Traicionando os principios básicos do comunismo que leva o PCE nas súas siglas.

    Quen veu a un comunista ser monárquico? Onde falan Marx ou Lenin ben da monarquía?

    Foi o PCE de Santiago Carrillo, o PSOE de Felipe González e Alfonso Guerra, a UCD de Adolfo Suarez, a AP de Manuel Fraga; todos ao unísono defendendo a un monarca designado por Franco, que logo fixo o que é ben coñecido na actualidade.

    A relación sentimental de Juan Carlos I con Corinna non me importa o máis mínimo, o que si me importa é a viaxe a cazar elefantes, os 67 millóns de euros, as presuntas comisións do AVE á Meca ou a recente fuxida aos Emiratos Árabes.

    Un Rei, que polo só feito de selo, é antidemocrático e que ademais se comporta coma un déspota e un corrupto. Que está a investigalo a xustiza Suiza.

    Na actualidade o PCE xa non defende a monarquía, e hai membros do goberno de Unidas Podemos que defenden públicamente unha república.

    Sería doado ter unha república no Estado que recoñecera o feito diferencial das súas nacións e a defensa dun Estado plurinacional, pluricultural e plurilingüístico. Unha república que recoñecera o dereito á autodeterminación dos pobos asoballados polo Estado español.

    Se isto non é posible teremos que ser os pobos ceives os que tomemos o control do noso propio destino, con actos coma o 1 de outubro en Catalunya do que agora ben de celebrarse o seu terceiro cumpreanos.

    SALVADOR SOUTULLO CAROLO

    Tema marcado como favorito