Firmas

ACEGA: Asociación para a Comunicación cos Emigrantes Galegos.

    • 15 nov 2020 / 00:10
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    O dezanove de febreiro de 1998 foi feita a solicitude de inscripción no rexistro de asociacións da Generalitat de Catalunya da denominada Asociación para a Comunicación cos Emigrantes Galegos (ACEGA).

    ACEGA foi creada a finais do século XX coa intención de abrir un debate a nivel europeo, e concretamente en Catalunya, sobre a situación que padecimos historicamente e aínda seguimos a padecer os emigrantes galegos.

    Algúns dos fins da asociación son: 1-”Estudiar e divulgar a problemática dos emigrantes galegos na Unión Europea”. 2-”Promover un debate entre as diferentes entidades da emigración galega na Unión Europea que nos leve á conclusión de construir un organismo de coordinación da emigración galega en Europa que poida servir de interlocutor valido diante das institucións da Unión Europea”. 3-Editar e publicar revistas, libros, monografías.

    O primeiro traballo editado por ACEGA coa súa marca editorial “ACEGA-Edicións”, foi o libro do que foi co-autor o Secretario actual desta asociación, Salvador Soutullo Carolo, e do que se fixo cargo do seu asesoramento técnico máis participou con traballos escritos por el na hemeroteca do libro, Antonio Díaz Fernandez, presidente desta editorial da emigración galega: “A emigración galega na Unión Europea”.

    Este primeiro libro editado por ACEGA-Edicións fala no ano 1998 de abrir un debate para posibilitar nun futuro o retorno á Galiza territorial de todos os emigrantes galegos que o desexaren.

    ACEGA ten participado en todo tipo de medios de comunicación galegos tanto na emigración coma no interior, organizando debates e coloquios en entidades diversas da emigración galega no continente europeo.

    O segundo dos libros que editou ACEGA-Edicións foi a novela de política-ficción titulada “República galega” que saíu do prelo no ano 1999 e escrita por min mesmo.

    “Conversas cun zoqueiro”, unha entrevista realizada ao pai zoqueiro do Presidente de ACEGA, Antonio Díaz Fernandez e feita por el mesmo foi a seguinte obra en forma de libro editada por ACEGA-Edicións no ano 2000.

    Posteriormente nos anos 2018 e 2019, ACEGA-Edicións saca do prelo a primeira parte do libro e despois o libro completo “Palabra de Patriotas” escritos polo secretario da entidade.

    “Palabra de Patriotas-libro completo”, son trece entrevistas a destacados dirixentes do movemento nacionalista galego entre 2006 e 2009. Estes derradeiros libros teñen a intención de publicar entrevistas a dirixentes nacionalistas e independentistas galegos con unha visión global das distintas sensibilidades que se dan dentro do movemento.

    Outra das cousas que se encarga de facer ACEGA-Edicións e a producción e autoedición da revista “Lúa Nova” publicada pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro publicada en Cornellà del Llobregat-Catalunya, revista que neste ano que entra, 2021, tirará o seu 60º exemplar.

    ACEGA é unha pequena entidade galega na emigración que ten coma traballo vocacional a comunicación no mundo da emigración galega e da nosa cultura. Cousa que diferencia esta entidade da maioría de Centros Galegos e asociacións culturais galegas presentes na nosa emigración que máis ben se adican a outro tipo de actividades tamén moi necesarias.

    Tema marcado como favorito