Firmas

Avanzamos, a ceacú

    • 29 oct 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    AGOSTO de 1977, Ferrolterra. Xosé Chao Rego non pode oficiar un casorio en galego porque llo impide o párroco da parroquia.

    Outubro do 2022. Uns noivos de Vigo teñen que adiar o casamento até novembro para pro-
    curar un intérprete. A xuíza do Rexistro Civil, négase a realiza-
    lo en galego.

    Está no seu dereito. Ese é o problema. Alá van máis de 40 anos de autonomía e a lexislación permítello!

    Sería tan difícil para a xuíza ler os artigos 66, 67 e 68 do Código Civil en galego? Saberá pronunciar os seus nomes e apelidos en galego ou tamén terán que traducirllos? Será quen de entender o “si prometo” e o “si acepto” obrigatorios antes de sentenciar o “declárovos marido e muller”...

    Non se trata de competencia lingüística, nin sequera dunha actitude política contraria ao uso do noso idioma nunha funcionaria pública, senón dun total desprezo para Galiza, para os galegos e para os administrados aos que xurou servir.

    Esta maxistrada é a única que decidiu continuar no seu cargo do Rexistro en toda Galiza, aín-
    da que desprovista dos seus poderes xudiciais, alegando que “está contenta e ten interese nesa
    ocupación”.

    É a mesma xuíza que se negou a casar o ano pasado a unha parella pois ela ía vestida de “gallega” e o noivo de pirata Jack Sparrow, alegando que as vestimentas “dificultaban a correcta identificación e identidade”.

    Feitos coma este, beizóns aos noivos por denuncialo publicamente, retratan moi ben o que é
    a normalización lingüística e como os galego-falantes temos todos os atrancos para vivir sen
    restricións en galego non só acotío, senón aínda nos momentos máis íntimos.

    É algo xa sabido, como o é a represión que aínda sufrimos os galego-falantes. A maioría das bazas que denuncia Carlos Callón no seu memorábel libro son aínda perceptíbeis coa Autonomía.

    A imposición do español é un feito político-social cada vez máis teimudo. Non hai máis que ver os comentarios nas redes e nos xornais: os que “obrigan” son os noivos, por “fanatismo e por paletos”.

    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.