Firmas

Brasil, desmontar o mostro

    • 23 sep 2021 / 00:30
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    Falta un ano para que se realicen as eleccións presidenciais no Brasil, daquela que Jair Bolsonaro e un sector do capital, e o seu núcleo de apoio máis duro (evanxelistas e sectores das forzas armadas e policía), que ten unha ampla participación no Governo e na dirección das empresas públicas, vexan o futuro con preocupación. As enquisas amosan un retroceso importante na aprobación da xestión, de governo, só un 24% o apoia fronte ao un 51% que o rexeita. Esta tendencia adversa debese á extensión da pandemia, á confrontación co Supremo Tribunal Federal e o Tribunal Supremo electoral, e sobre todo pola mala situación económica e social.

    O xornalista Altamiro Borges salienta na súa páxina web que para este ano estimase un crecemento do PIB menor ao esperado, do 0,9%, e para o ano 2022 só atinxiría o 1,4%. Polo que valora que: “Neste clima de pessimismo crescente na economia, até os barões do agronegócio, uma das principais bases de apoio do fascista no poder começam a desconfiar do futuro do laranjal...”. A taxa de desemprego acadaba o 14,1% en xuño de 2021, cando no 4º trimestre de 2018 era do 11,7%. Calculase que o 44% dos brasileiros deixaron de comer carne perante a pandemia., xa que non poden pagala. En situación de extrema pobreza, pasando fame, habería 20 millóns de persoas.

    Neste contexto de descontente social e nerviosismo político “Lula” da Silva aparece como a única alternativa, polo que hai sectores do centro dereita, que apoiaron a Bolsonaro, que buscan construír unha terceira alternativa. Queren disputar a Lula a presidencia, daquela que apoien ou comezan a aceptar o impeachment contra Bolsonaro pola súa xestión da pandemia e a fraude na merca de vacinas. Entre as figuras que estarían na cabeza desta proposta alternativa están algunhas de tanto peso como os governadores de Sao Paulo e Río Grande do Sul, porén tamén o ex-ministro de Sanidade Luiz Henrique Mandetta.

    Agora ben, aínda que Bolsonaro perdese peso social así como unha parte importante dos seus apoios na alta burguesía e dalgúns partidos de centro dereita, tal como se reflicte na viraxe critica dalgúns importantes medios de comunicación, non se pode obviar que foi capaz de mobilizar na rúa a centos de milleiros de persoas, especialmente en Sao Pulo, Brasilia e Río de Xaneiro o pasado 7 de setembro, aínda que perdese capacidade de convocatoria. Como reflexiona o editorial de Esquerda Online: “sabemos que é unha minoría social, porén é unha minoría significativa, de millóns. Unha minoría disposta a seguir ao seu líder”. Polo que coida, que aínda que a convocatoria estivo por debaixo das expectativas de Bolsonaro, o que lle fixo dar un paso atrás, trataríase dunha actitude conxuntural e que seguirá apostando polo golpe como saída para non perder o governo.

    Diante deste posíbel escenario valora este medio que é necesario manter a mobilización contra o governo da ultra-dereita é fundamental, polo que cómpre recuperar a dinámica de maio a xullo cando a esquerda ocupou as rúas en catro masivas manifestacións rexeitando recorte de gasto no social e no ensino. Será esta a estratexia de Lula? Nas mobilizacións do 7 de setembro convocadas polas forzas de esquerda, en 17 capitais e outras 47 localidades, Lula mantívose á marxe poñendo o acento no electoral-institucional e na busqueda de tender pontes co centro dereita. Terá como obxectivo restar apoios a Bolsonaro, tanto diante dunha intentona golpista como no caso de que fose o contrincante nunha segunda volta?... En calquera caso todo indica que o voto estará moi polarizado, tanto na primeira como na segunda volta.

    A clave respecto da evolución política nos vindeiros meses segundo a editorial da web Vermelho.br: “Conforme pesquisa Datafolha feita entre 13 e 15 de setembro, 53% dos brasileiros consideram a gestão bolsonarista “ruim” ou “péssima”; a pior marca alcançada pelo presidente desde o início de seu mandato. É possível que os criminosos ataques de Bolsonaro à democracia e às instituições, redobrados nos atos golpistas de 7 de Setembro, tenham contribuído para chamuscar ainda mais sua imagem. Mas analistas políticos e especialistas em opinião pública convergem em outra explicação: no radar dos brasileiros, sai, aos poucos, a pandemia: mas entra a economia (...) Para a economia, porém, não basta vencer a pandemia. A queda de 0,1% do PIB brasileiro (Produto Interno Bruto) no segundo trimestre sinaliza que o País não vai conseguir se recuperar, neste ano, da recessão recorde de 2020, quando a economia regrediu 4,1%. Já para 2022, a tendência é a de que o País não cresça nem 1% sequer, em mais um “pibinho” insuficiente”.

    Jair Bolsonaro non o ten doado no futuro, mesmo contando cunha extrema-dereita motivada e mobilizada. Nesta conxuntura non abonda coa privatización da empresa pública, e os retrocesos nas condicións laborais e prestacións sociais, para conseguir o apoio sen fendas do capital. Lembremos que este ten como obxectivo fundamental aumentar a taxa de beneficios, e malia a teima do seu Governo na aplicación das políticas neoliberais a economía non se está a recuperar. E, como mínimo para mudar esta tendencia regresiva cómpre, como na UE e Estados Unidos, que o Executivo brasileiro alente e sustente o consumo da maioría social; e Bolsonaro e súa base social teñen como única filosofía o axuste. Daquela, aínda que sexa temporalmente, necesitan a Lula ou unha copia de máis confianza. Claro que desmontar o mostro que potenciaron non será tan sinxelo.

    https://obloguedemera.wordpress.com/

    Tema marcado como favorito