Firmas

Buses, trens e avións

    • 28 may 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    COMO contan moitos escritores, a realidade supera a ficción. Senón pisan a rúa, contemplan e escoitan; xa poden inventar, imaxinar e crear que todo queda nunha mala copia. Por iso, os mellores retratos, anonimizados ou non, non son abstractos e teñen nomes e apelidos detrás.

    Na última viaxe que fixen ao pouco de saír de casa xa recibín un primeiro imput. “Ola ministro”, escoitei que dicían a un home que vestía un mono azul e levaba un lapis pendurado na orella. Probablemente era un fenómeno no seu.

    Ao chegar á estación de buses da Boa Vila, entre os condutores había bo rollo. “Que, tocouche a lotaría? –díxolle un a outro, berrando–. Sigue xogando, que non vas librarte de convidarnos a Casa Román!”.

    Xa en Santiago, esperando o bus para Lavacolla, a un viandante que esperaba para cruzar deulle por darme a súa visión das obras que están a facer diante da Intermodal. “Levan case dous anos –dixo–. Eu traballei en moitos países e alá isto fariámolo en tres días. En Australia nun. Que vergonza! É culpa dos políticos, que non fan nada”.

    No avión cara El Prat, un mozo contou que cando viaxou con Rynair a Frankfurt para o Erasmus, púxose toda a roupa encima para alixeirar e non ter que pagar 50 euros, pero agora estaban máis relaxados. Aínda que os mellores imputs dos voos son os que che ofrece a natureza. Contemplar Galicia toda verde dende arriba, mentres escoitas “Agora convidámoslles a relaxarse e a gozar do voo”, non ten prezo. Igual que ver as casiñas pequenas dende arriba, aparecendo e desaparecendo ao entrar e saír nunha extensa nube.

    Xa en Barcelona, a miña primeira visita foi para meu irmán Ricard, onde fomos a celebrar o seu aniversario toda a familia. Ao cantar ao cumpreanos feliz, uníronse todas as mesas do restaurante.

    Durante a comida a voz que máis destacaba, estaba na mesa do carón. A voz dixo que “durante o confinamento, ao non ter balcón, pasounas canutas”. Tamén contou a historia dun ruso que tiña un coche de segunda man súper chulo, que abrillantaba todos os domingos. Como traballa na Seat, puido tunealo alá por un prezo tirado.

    Na misa que fomos á Sagrada Familia, contáronnos que a única parte por onde entra a luz natural é a que está encima do altar. A cerimonia tivo lugar en varios idiomas, con predominio do castelán, o catalán e o inglés. Tamén fomos a ver a comedia musical Forever Young, dirixida por El Tricicle.

    O imput menos positivo da viaxe foi que ao botar as bolsas do lixo aos containers, sen darme de conta, tamén botei unha bolsa de plástico chea de sabanas e toallas para lavar que as miñas irmás deixaron ao lado das outras. As viaxes perfectas, como nas boas novelas, non existen.

    Tema marcado como favorito