Firmas

Debate para o día despois

    • 01 may 2020 / 22:27
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    LÉMBROME dos debates existentes a mediados dos anos setenta cando o nacionalismo defendía, “autonomía nunca máis, bases constitucionais”.

    Desde o PCE e desde o PSOE querían levar a discusión ao grado de autonomía que eramos quen de acadar, e os nacionalistas opoñían que, aínda con menos competencias, un pacto confederal sería máis acaído, porque a autonomía viría outorgada polo Estado, que tamén podería reverter esas competencias cando quixera e, nun pacto, era Galiza quen cedía os seus dereitos.

    As teimas nacionalistas están agora perfectamente testadas coa crise do covid-19. O Goberno central non só asumiu competencias, senón que, día a día, valeira as autonomías de contido, cando non as fai desaparecer, como cando impón o marco provincial, obsoleto politicamente e cun papel nulo en sanidade.

    Non hai nada mellor que contrastar aos tarabelos coa realidade! A dereita nunca foi menos galega que agora. Quen viu o galeguismo do PP? E Feixóo, aínda que engurrumite o fociño, segue tendo ou seu pensamento en Madrid..., e, loxicamente, as súas accións políticas acompáñano até desenxergar do seu posto de presidente.

    O PSOE, desde aquel Congreso
    de Lugo, cando demoleron o sec-
    tor galeguista, anda nun sen vivir.
    Por fas ou por nefás remata sem-
    pre convertido nunha mera sucur-sal de Madrid.

    Para definir a outros partidos
    vou coller o escrito nestas páxinas polo avogado Pérez-Lema, un ho-
    me ben cachapudo: “Están a reali-zar unha política que é unha emenda á totalidade do ser dos partidos supostamente soberanistas como Anova, e mesmo da coalición política na que tamén participan podemos e IU. Son incapaces de recoñecer a Galiza xa non como suxeito político con dereito xa non a soberanía, senón ao autogoberno”.

    O BNG, pola súa banda, coinci-
    damos ou non cos seus postulados, ve reforzado pola práctica o seu
    discurso tradicional.

    Aínda que haxa quen pretenda
    inventar a “nova política”, a reali-
    dade é testalana.

    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.