Firmas

Dereitos humanos trans

    • 02 jul 2021 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    BEN coñecemos que os dereitos LGTBI (lesbianas, gais, trans, bisexuais, intersexuais) son totalmente inexistentes en países como China ou Rusia e que se poñen en cuestión día si día tamén en países como Brasil ou Estados Unidos pero no seo da comunidade europea e en España, tamén temos que roer.

    Uns días antes de que en España se aprobarse a Lei trans entre numerosas polémicas e opinóns enfrontadas, tivemos que escoitar declaracións cheas de odio e de prexuízos contra as persoas transxénero por parte do presidente da República Checa, Milos Zeman, cando lle preguntaron a súa opinión pola lei húngara contra a pedofilia cualificada pola UE como “vergonzosa” por equiparar este delito coa homosexualidade. Zeman soltou unhas perlas únicas, tachando de “repugnante” a quen se somete a unha operación de cambio de sexo e comentando que o feito de que calquera persoa que se preste a unha cirurxía de reasignación de sexo lle resulta “intrinsicamente noxento”. Tremendo!

    Estou convencida de que ninguén nega que hai, e sempre houbo, persoas que non se identifican coas categorías home/muller; é unha relidade, tamén creo que estamos concienciados da necesidade de seguir avanzando nos dereitos do colectivo LGTBI e que as opinións obtusas son unha minoría que deben recibir unha resposta desde todos os ámbitos, sobre todo, desde o eido político e social e, neste sentido, por certo, non me parece abondo o feito de que só a metade dos países da Unión Europea respondesen de forma contundente as declaración de Zeman. A outra metade? Non sabe, non contesta.

    Empregando a terminoloxía de Zeman, noxento é o feito de que xente con poder para crear debate e opinión e xente con poder para lexislar siga politizando este tema. Noxento é que a discriminación e o estigma persiga estas persoas en todo o mundo e noxento é que se sigan practicando políticas hostís contra elas e se lles neguen os dereitos que teñen polo simple feito de ser persoas pois é doado entender que os dereitos trans, tamén son humanos, ou non?

    Dito isto, aínda me queda espazo para o humor e para apelar ao sentido común á hora de avanzarmos no uso da linguaxe inclusiva coa que se sintan identificados todos os falantes; é un proceso totalmente necesario que dependerá do uso e das autoridades lingüísticas competentes; temos que deixarnos de propostas tipo todas, todos, todes, todis, todus que atentan contra o funcionamento da lingua, contra a economía lingüística e que raian o ridículo no nome dun falso progresismo.

    Tema marcado como favorito