Firmas

‘Excusatio non petita...’

  • 04 abr 2021 / 02:01
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O nomeamento do alcalde de Ames como delegado do Goberno en Galicia ten un significado e posibles consecuencias para o socialismo galego que van bastante máis aló do cargo ao que accede. Miñones, sen alcanzar maioría absoluta, logrou uns bos resultados nas últimas eleccións municipais, mellorando substancialmente os anteriores despois de catro anos de rexedor, nun municipio de notable dinamismo demográfico ao abrigo da capital de Galicia. Estas credenciais axudan, pero non son o motivo principal do salto político. A decisión provén de Ferraz, non de Moncloa, aínda que non resulte fácil notar as diferenzas.

A remuda colleu a todos por sorpresa, pero unha vez executada enténdese perfectamente. O PSdeG non logra recuperarse do trompazo das eleccións autonómicas e en dous anos temos de novo municipais nas que os socialistas se xogan moito poder. As grandes cidades, coa excepción de Pontevedra e Ourense, así como moitos dos concellos medianos e tres deputacións están en risco, sen descontar a posibilidade cada vez máis factible de que se adianten as xerais. Por outra banda, a xestión da pandemia fortaleceu a Feijóo e Pontón segue campante coa axuda da extinción das mareas e non semella que a vicepresidenta Díaz lle vaia a facer sombra en Galicia. A carreira política da ferrolá discorre por Madrid.

Perante este inquedante panorama, o máis doado é buscar un culpable. O sinalado é Caballero, aínda que a primeira patada no cu danlla a Losada, de maneira totalmente inxusta. Se de Miñones valorouse, como se aduce, a súa experiencia municipalista, igual ou maior mérito tiña o defenestrado, exalcalde herculino, ademais de senador, e nos seus case tres anos representando ao Goberno en Galicia realizou un labor institucional acorde ás súas responsabilidades, na que hai que salientar a coordinación coa Xunta para facer cumprir as medidas de control pola COVID.

A maior desgraza de Caballero, despois do resultado electoral, é ser máis sanchista que Sánchez. E si, hai que selo pero non parecelo, porque despois das aldraxes do Goberno a Galicia –os orzamentos, por citar unha–, hai que poñerse a carón dos oprimidos para que ao partido, ou sexa a Sánchez, alcaldes e demais cargos públicos, non lles prexudique. Todo indica que o ascenso de Miñones vai contra del. Non hai mellor proba que as presas para facerse a foto xuntos, delatando os seus fundados temores. “Excusatio non petita, accusatio manifesta”, di o vello aforismo latino. Pero ollo, quen decide cargos orgánicos e candidatos é a militancia. Gonzalo Caballero xa gañou unha vez aos santóns do partido, incluído o seu tío o alcalde olívico.

Ao novo delegado coñecerémolo polos feitos. En primeiro lugar deberá despexar a dúbida de se exerce como delegado do Goberno ou do PSOE. Quédanlle outros retos a curto prazo. Entre eles, o AVE que nunca chega, as peaxes da AP-9 que no canto de baixar soben, o despregamento policial para o Xacobeo, a incerteza sobre as empresas situadas á beira do mar e, o maior de todos, a crise provocada por unha transición industrial inxusta que se está levando por diante moita riqueza e empregos. Démoslle pois os cen días de graza.

Sánchez y las vicepresidentas

Si el problema de la desigualdad no fuera algo muy serio cabría hacer una brincadeira con las declaraciones de Sánchez presumiendo de feminista porque las cuatro vicepresidencias del Gobierno están ocupadas por mujeres. Si miramos a nuestro alrededor, siguiendo su razonamiento, sacaríamos la conclusión de que Merkel, la canciller alemana, es una machista redomada. Solo tiene un vicecanciller, Scholz, y del género masculino. También gana el español por paliza de balonmano (23-16) en número de miembros que conforman los respectivos ejecutivos, lo que le dará pie para proclamar que preside un gran gobierno. Y de que España es, desde que llegó él, un país rico, de los más de Europa para envidia de Alemania y otros, que no se pueden permitir el pago de tanta nómina. Claro que si hablamos en serio, hemos de recordar que a la gallega Díaz la nombró Iglesias, quien la relegó un puesto en el escalafón, no voy a decir por ser mujer, pero coincide, y que las demostraciones a favor de la igualdad no se miden por un número sino por las políticas y sus resultados. Pues en cuanto a estos, hay que decir que en los últimos tiempos la desigualdad entre hombres y mujeres fue en aumento. ¿Quién es el responsable? La pandemia apanda con todo.

Tema marcado como favorito