Firmas

Intervención rusa na Ucraína: quen acendeu o lume e porque?

    • 02 mar 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    A intervención de Rusia na Ucraína foi visto por esta potencia como única alternativa para frear o progresivo cerco por parte da OTAN, e para deter a masacre no Donbás. Resulta evidente que implica un salto cualitativo na confrontación entre potencias, que afecta no inmediato o comercio internacional, o medre do PIB, a taxa de inflación e á creación de emprego. E a medio prazo á propia globalización neoliberal, xa que estase forzando a constitución de dos bloques como na Guerra Fría. Resulta evidente que ademais de Rusia e a Ucraína será Europa a máis afectada polo conflito, xa que terá que mercar enerxía, minerais e outros recursos primarios en novos mercados, competindo con Estados Unidos, China, India, etc.

    Para alén do ruído mediatico, da demonización do adversario, son resultados previsíbeis dado as políticas desenvoltas dende hai máis dunha década polos Estados Unidos para manter a súa hexemonía no mundo, para evitar compartir poder con China, Rusia e outras potencias rexionais en ascenso. Washington negase taxantemente a recoñecer a igualdade entre nacións, daquela o de: USA primeiro! Polo tanto, neste contexto, a pregunta que non podemos deixar de nos facer é: non será por isto que Washington puxo tantos atrancos para aceptar un acordo respecto das garantías de seguridade que lle pedía Rusia, e polo que existe unha oposición tan forte de Kiev para facer efectivos os pactos de Minsk respecto de Donetsk e Lugansk?...

    Porque fixo agora Rusia esta intervención e non dentro duns anos? Segundo os especialista militares porque neste intre ten superioridade nos mísiles de gran velocidade, e pode interceptar unha ameaza nuclear sobre Moscova. Algo para o que non terá capacidade de resposta no futuro a medida que Estados Unidos mellore seus mísiles neste aspecto (polo tanto a distancia é clave, daquela o papel de Ucraína).

    Na práctica, mesmo que non interveñan directamente con tropas as potencias occidentais están enviando de armas a Kiev, realizando un bloqueo económico e mediatico a Rusia, etc. Ou sexa, non están axudando nunha resolución pacifica. Por exemplo coa entrega de avións a Kiev, que no caso de Polonia terían como base seu territorio. Non é isto unha intervención directa?... En cambio, non se fixo ningunha presión a Kiev para evitar os ataques ao Donbás (14.000 mortos en oito anos). Nen se tomaron medidas efectivas diante dos bombardeos de Arabia Saudí e Emiratos Árabes contra o Iemen que causaron miles de mortos e a desfeita de boa parte do país. Ren se di da ocupación ilegal do territorio sirio por Estados Unidos, no que colaboran países europeos. Existe unha dobre vara de medir, e neste caso co agravante de que se realiza contra unha potencia nuclear e ademais se censuran seus medios de comunicación, coa escusa da obxectividade, como se a xente non soubese distinguir, e todo os medios europeos mantivesen o respecto pola verdade. Ulo a liberdade?

    Hai que condenar todas as guerras, dado que todas teñen enormes custes humanos e económicos, mais hainas ofensivas e defensivas, e este non é un aspecto secundario. Os obxectivos das partes, as portas que pecharon ao acordo proposto, dannos as claves para cualificar axeitadamente esta intervención militar na Ucraína. Non todo é branco ou negro, e os matices son importantes. Ademais a cuestión é: que está a facer a UE a prol da paz? Enviar armamento a Ucraína, non forzar para que se cumpran os acordos de Minsk, non dar seguridade a Rusia respecto de que non se instalará armamento nuclear da OTAN nas súas fronteiras, son feitos que botan gasolina ao lume.

    Agora ben, aínda que se fale pouco to tema, as consecuencias económicas van ser negativas tanto para Rusia como para a Unión Europea, non só pola dependencia de ambas partes no comercio do gas, petróleo e carbón ruso, encetando por Alemaña, senón tamén porque unha enorme parte da importacións de trigo e millo proceden de Rusia e Ucraína. Polo tanto as sancións que se están impoñendo a Moscova tanto no económico como noutros ámbitos, ademais das repercusións que van ter sobre a povoación, de se manter o bloqueo e demonización (que de iso se trata) abriran unha fenda que custará anos ou décadas pechar, e non só co governo ruso, senón coa povoación que será vítima das sancións, como se afirma explicitamente por parte da Unión Europea.

    É moi cedo para saber cal será a duración deste conflito armado e a súa resolución. Aínda que non teño claro que sexa a que prefira Estados Unidos e a Unión Europea, a mellor saída sería que se consolidasen as negociacións e se chegase rapidamente a un acordo de paz entre Rusia e a Ucraína, garantindo a súa non entrada na OTAN, o recoñecemento dunha ampla autonomía a Donetsk e Lugansk, e unha relación normalizada entre ambos países, e a resolución de futuros conflitos por mecanismos diplomáticos. Mais o envío masivo de armamento á Ucraína (tamén tropas camufladas nos batallóns internacionais que se están a formar?) non fortalecen este camiño, todo indica que se aposta a que a confrontación armada se manteña, desgastando a Rusia (para debilitar tamén a China?). Predicar a paz sen acompañala de medidas de dialogo, compartir o poder, recoñecer a diversidade, solidariedade e igualdade, convértense nunha escusa en mans dos imperialismo para que se manteñan inamovíbeis e mesmo se fortalezan as tendencias dominantes máis regresivas. A Ucraína será quen de aceptar a súa diversidade, que esta sendo usada polas potencias occidentais que lle adxudican o papel de liña de fronte, polo tanto dunha conflitividade constante, a menos que opte por unha neutralidade activa.

    https://obloguedemera.wordpress.com/

    Tema marcado como favorito