Firmas

Nós, máis que unha palabra

    • 02 ene 2021 / 00:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    SABER unha lingua é moito máis que saber o significado das palabras. Nós, a verba escollida pa-
    ra retratar ao ano vinte vinte
    pola Academia Galega e a Fun-
    dación Barrié no seu Portal das Palabras, é moito máis co pronome persoal tónico de primeira
    persoal do plural.

    NÓS é unha idea de Galiza. Nós é unha implicación colectiva. Nós é unha afirmación de identidade. Nós é un chamamento. Nós é un berro coma un aturuxo nacional. Nós é unha definición do pasado, cunha xeración, cun álbum de Castelao, cunha cultura... Pero,
    ao mesmo tempo, Nós é unha
    definición de futuro. Nós é unha arela compartida. Nós é tradición. Nós é unha certeza. Nós retrátanos como pobo: o que fomos e o que queremos ser. Nós sintetiza unha diferenza. Nós é esperanza. Nós é inquedanza. Nós é loita.
    Nós e subversión!

    NÓS. O que entende a palabra Nós, entende o que é o pobo galego. Cando chegaron as primeiras eleccións municipais íamos o Paco Costas e máis eu dar un mitin na cantina de San Miguel do Monte en Chantada.

    O Paco veume buscar a Riopedroso. E, alí no mazadoiro, á entrada do lugar, estaba o Camilo de Fidalgo, que se proclamaba o “último falanxista auténtico” e de quen “sabiamos o que bebía, pero non sabiamos a sede que tiña”, como el dicía. Preguntounos para onde iamos. Ao coñecer que nos dirixiamos a unha cantina, teimou en acompañarnos. E levabámolo.

    Ía comezar o mitin e tocábame falar a min. Pero, cando quixen tomar a palabra, o Camilo deu un paso adiante e díxome:

    – Agora tócame falar a min, rapaciño.

    E comezou a súa parolada:

    – Nós, somos nós. Eles son eles. Sabendo isto sabemos todo o que hai que saber de política e a quen votar...

    ... E seguiu debullando na palabra Nós como elemento basilar e distintivo do noso pobo.

    Tempo despois, souben que o Camilo non era falanxista, fóra dirixente das Xuventudes Galeguistas e enrolouse no Exercito franquista para salvar a vida.

    NÓS non é un pronome. NÓS é moito máis ca unha palabra: é un sentimento compartido.

    Tema marcado como favorito