Firmas

O noso rural

    • 15 ago 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    POR uns días, mágoa que o tempo sexa efímero e fugaz, o rural recobra o pulo. Voltan milleiros de emigrantes que sairon xa fai décadas. Onte unha vez máis, e van moitas, en Avión celebrouse a festa. Os bruidos da xente deiquí e dacolá, os da cidade, das vilas, bisbarras que retornan candanseu o seu, o dos nosos, os recunchos da vida e da bremanza, do onte e da lembranza que nos acompaña alí onde esteamos. O rural sempre estivo ahí. Mais non o quixemos ver. Nin quermos hoxendía. Mágoa dos xeitos da modernidade da vida onde o triunfo e o futuro só o quixemos anudar a cidade cos seus infindos desafíos mais o tempo oportunidades.

    A Covid tentou un camino inverso. Tivo que vir esta pandemia para que algúns volten a ollada o rural, as aldeas, os pobos, os que durante ducias de décadas só quixemos fuxir. Agora percatámonos que tamén se pode traballar a distancia somentes con conexión a esa modernidade que, nembargantes, nos fai día a día máis asociais.

    Agora mediado cáseque agosto, mediadas as vacacións e a paz de moitos ollamos para acá, o que endexamais cambiou, fumos nós os que mudamos, os que non quixemos ollar, nin sentir nin tampouco escoitar. Fumos nós os que o rural, ó vello, o que asociábamos o atraso secular e a falla de verdadeiras oportunidade de traballo e desenrolo xa non valía, que estaba debagutado, valeiro, falto dun oxíxeno que non queríamos respirar. E a cidade non nos agasallou con nada. Xamáis agasalla, simplesmente atrapa coma una nasa ou rede que tarde ou temprano, nos acaba mesturando no encoro da vida vouga, valeira.

    Galicia celebra festas, baila, co histrionismo doutras veces. Xuntanzas. Máxica verba. Arestora perdido o medo a esta pandemia voltamos. Por uns días parécenos todo máxico, ensalzamos e cantamos a ese rural que vemos de visita pero sen deternos no que significa e o traballo que hai cada día. Aldeas e parroquias deshabitadas, valeiras. As casas, fogares de vida e familia, pechadas totalmente, desvencelladas e destertaladas. Xa non soan as vellas campás de igoalmente vellos campanarios sen horario nin futuro. Fentos e xestas rompen a calma esparellada de centos de corredoiras polas que xa non abrolla vida nin historias de vida e xente auténtica.

    A nosa xente, xente de antes, ós nosos, os que nos lembran o que unha vez fumos e foron ós nosos. Os que xa non voltarán. Tempos serán chegados onde o pulo das vilas e aldeas rexordirán. Mais me temo, mágoa de tremor, que desta vez non o será. Quen o sabe. A vida e os seus misteriosos azares dun destiño que, tal vez, sempre nos ven dado e nosoutros aceptamos como o asubío de vento e os seus silenzos rutilantes e a vez profondamente esvaídos.

    Algo de nosoutros, galegos e galegas, está no mundo rural, sexa esa sangue que flúe polos eidos da nosa mente e a nosa morriña que se acentúa ao saír desta terra. Que lonxe está o mesmo tempo de todos nosoutros. Ó rural é vida, pero cáseque ninguén a quere por moito discurso e emoción que suscite.

    Tema marcado como favorito