Firmas

Pode gañar
o BNG?

    • 06 nov 2021 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    UN colega preguntoume se pensaba que o BNG podía acadar a presidencia da Xunta nas próximas eleccións. Expliqueille que antes de ollar para as organizacións políticas, é necesario analizar axeitadamente a sociedade. E a sociedade galega acadou unha importante transformación nos últimos anos a todos os niveis, só lastrada pola emigración da xuventude.

    O PP viu mermados boa parte dos resortes caciquís, que o levaban a enseñorar no rural. O debate electoral pode darse agora moito máis tanto no plano ideolóxico e como no de propostas concretas.

    Por outra banda, o BNG sempre arrastrou o lastre dos medios de comunicación para poder espallar a súa mensaxe, pois foron os únicos que non mudaron desde o franquismo, pero agora posúen moito menos influencia ca antes, por mor das redes sociais.

    Por outra banda, está a propia situación do BNG. Nestes momentos, é unha organización plenamente “soberana”, sen a pexa das organizacións que a conformaron no seu día, que lastraban a toma de decisións.

    Aí está a aposta por ensanchar a súa base social militante, e non só electoral que, en moitos momentos, sufriu atrancos para non desequilibrar a correlación de forzas interna.

    Unha decisión que olla cara o futuro e que deixa atrás debates estériles de quen tiña ou non razón no setenta e cinco, nos oitenta ou, mesmo, en Ámio. O BNG, aínda que non ten pensado pecharlle a porta a ninguén, nesta expansión non vai negociar con colectivos de “abaixo asinantes, expulsados, marxinados, desencantados, agraviados, na procura de acomodo”, etc. que aínda pululan pola eido nacionalista, que tiveron o seu papel, pero que, agora, se converteron máis nun atranco que en actores decisivos do cambio.

    A nova dirección do BNG, unha nova xeración, esta libre das ataduras do pasado, estando capacitada para elaborar un discurso en positivo, con propostas concretas e realistas que poden ser valoradas polo conxunto da sociedade e non só polos nacionalistas. Este paso non sería posíbel sen a súa experiencia nos gobernos.

    ...E o seu soberanismo xa se
    lles supón.

    Tema marcado como favorito