Firmas

Que é a Galicia profunda?

    • 30 oct 2021 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    DE ser vostedes, non lería este artigo. Non por nada, senón porque quen o escribe é “un bruto ansioso de exercer a súa brutalidade”, un “elemental que convive ao límite da súa sinxeleza”, un “ignorante que presume da súa ignorancia”, un “individuo culturalmente desprazado porque a súa sabedoría ancestral xa non está de moda, identificándose coa superstición”. Un home “rústico e paleto”. Unha persoa que “ten medo e non protesta por nada”.

    Eu, que nacín no lugar de Riopedroso, no Corazón de Galiza, teño estas características segundo me definen persoas tan heteroxéneas como Cebrián, García Iglesias, Romero ou Julio Anguita. Si, “eu pertenzo a Galica profunda”.

    O colonialismo da intelectualidade española, escritores, pensadores, políticos e, sobre todo xornalistas e comunicadores, levounos a importar ese concepto ianquie para definir a España rural, maiormente se esa súa España ten unha cultura diferente, que non queren entender, é unha lingua que teiman en desprezar e facer desaparecer. O exemplo senlleiro galego é Roberto Blanco Valdés.

    A violencia marcou parte da historia dos EEUU. Pasaron tempo buscando unha identidade que os definise como nación e botaron man dos arquetipos para darlle forma a esa necesidade. Os tópicos, da literatura e do cine, sobre todo, foron dexenerando até converterse en estereotipos.

    Polo demais, cando as colonias do norte venceron as do sur, impuxeron o seu relato, non só inventando, senón canonizando a América profunda que retratou Joe Begeant en Crónicas da América Profunda con estas palabras: “En familias como a miña, os homes nacen no medio dun bosque de municións e ulindo a lubricante de armas”. O mesmiño que en Torea, Muros.

    A señora Ureña, maxistrada de Marbella, seguindo o que escribiron moitos próceres das letras españolas, desde un renegado Cervantes, a un insatisfeito Góngora ou a un católico Unamuno, chegaríalle con sentenciar que a nai non pode criar ao meniño porque é galega e quere vivir en Galiza. Aforrarías cualificativos e papel.

    Tema marcado como favorito