Firmas

Que pasou
na N-VI?

    • 11 jun 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    “O desprazamento da lousa superior dun van do viaduto do Castro na N-VI cando o estaban reparando produciu un colapso”, di o parte oficial. A ponte esfachouse!, digo eu. Cando preguntas as causas dese “colapso”, o Ministerio responde que “por problemas ocultos”.

    Cales son eses problemas ocultos? E, sobre todo, cales son as súas causas?

    É responsábel Alatec Proes, que deseñou eses tramos, cunha ponte en curvatura? Ou son as empresas contracturas, agrupadas na UTE Glosa, as que non executaron ben o seu traballo?

    Se foi así, tería algo que ver a “baixa temeraria”, pois dos máis de vinte mil millóns de pesetas que orzamentaron o tramo, foi contratado por pouco máis de quince mil millóns: un 25% menos!

    Que responsabilidade teñen os consultings que deberían vixiar a execución da obra e que estaban relacionados coa propia UTE?

    Fallaron os xeoténicos ao analizar as terras en que tiñan que asentar os basilares?

    Cal é a culpa dos diferentes gobernos centrais que deberían vixiar a execución das obras?

    Como permitiron esa baixa temeraria na licitación?

    Unha baixa así só é posíbel subcontratandolle a outras empresas a maior parte dos traballos. Estas empresas subcontratanlle a outras, e estas a outras máis... As grandes empresas construtoras madrileñas gañan diñeiro, as primeiras subcontratas tamén, e as outras tamén queren gañar...

    Como o logran? Gran parte das ganancias van no movemento de terras. Perforaron os cementos dos basilares até dar co firme axeitado ou pararon antes?

    Outra parte das ganancias está en escatimarlle calidade aos materiais. Era axeitado a calidade do cemento e do ferro empregado?

    O resto da grande baixa vai nos salarios das últimas subcontratas. Algunhas delas quedáronlle a deber a gasolineiras e a restaurantes.

    O derrube deste viaduto é o primeiro que se produce en todo o Estado e só 20 anos, vinte, despois de inauguralo! Pero non acaparou espazo nos xornais e informativos da capital, que o ignoraron, e, tampouco, nos comentaristas galegos.

    Se cadra esta é a mellor explicación do que ten pasado!

    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.