Firmas

Que queda de Fraga?

    • 29 ene 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    FRAGA Iribarne sempre tiña moito tino dos resultados da súa Vilaba: gañaba por goleada.

    Dez anos despois da súa morte, o PP non só perdeu a alcaldía de Vilalba, senón que na homenaxe realizada semanas atrás non foi quen de congregar nin a un cento de devotos. Cando el mandaba, éramos moitos máis os que acudíamos ao seu xantar de aniversario na capital chairega.

    Item mais, a súa fundación non ten actividade nin un can para poder lembrar a súa figura. De Fraga Iribarne só perdura unha longa biografía pero sen un verdadeiro legado.

    Afanouse nos últimos anos da súa presidencia en que non fose así. Teimaba que a súa contribución como presidente de Galiza sobrancease no que sería a súa memoria. Sabía que, doutro xeito, o que transcendese da súa biografía non ía ser outra etapa que a de ministro franquista. Era unha ladaíña que lle recitaba Sixto Seco para levalo ao “seu rego do galeguismo”.

    Fraga Iribarne pensou que xa o conseguira cando, logo daquel xantar do Vilas, Xosé Manuel Beiras o agasallara con aquela afirmación de que “Fraga xa abrazou o galeguismo histórico”.

    Poucos días antes dese episodio, dixérame que aspiraba, polo menos, a que os do Bloque lle recoñecesen o seu amor por Galiza e a obra que atrás deixaba como presidente.

    Pero o Prestige acabou con Fraga porque, non se sabe se seguindo os seus principios atávicos ou as súas zunas franquistas, en vez de pórse a fronte do pobo galego como lle pedían Xosé Cuiña e Pérez Varela, deixouse engaiolar (chantaxear?) por José María Aznar, que aproveitou para suprimir de facto a autonomía galega, sen artigo 155 por medio, someter ao PPdG, que perdeu para sempre a G, facer que Fraga quedase sen a presidencia da Xunta... E nomear a Núñez Feixóo como sucesor para aplicar a política da FAES.

    E das teorías galeguistas de Fraga xa non queda nada. O PP de hoxe non votaría o seu primeiro discurso de investidura.

    El deuse conta xa en febreiro do 2003 cando afirma: “fallei a oportunidade da miña vida”.

    Tarde piaches!

    Tema marcado como favorito