Firmas

Uniformismo na diversidade

    • 08 may 2020 / 21:55
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    GALIZA tan unha sociedade propia, así que o ámbito de decisión deberían ser as nosas institucións, e isto non tería que ir en contra de que o Goberno central marcase uns criterios xerais, nin en menoscabo do seu papel coordinador. Así non confundirían municipios con vilas, a hora de fixar a especificidades nas saídas domiciliarías... Poñamos por caso.

    Pero non nos enganemos, en toda crise existe unha loita de clases, entendéndoa como disparidade de intereses, conflitos, enfrontamentos, presións é tensións.

    E, en toda crise económica, a austeridade é a única ferramenta do capitalismo para facerlle fronte, e seguir reafirmándose na súa postura dominante. Por iso é lóxico que a CEOE demande “máis marxe para despedir e baixar os salarios”, como receita universal.

    Pero é lóxico que o Goberno
    que se define como “o máis de esquerdas” siga a gobernar coa Reforma Laboral de Fátima Báñez ou a Lei Mordaza de Fernández Díaz que agora ampliaron polo Estado de Alarma? A loita de clase leva consigo, ademais, unha loita territorial, segundo o papel que desempeñan o seu capital e as súas clases dirixentes.

    Por iso non pecharon Madrid, sen ser consecuentes co protocolo para a pandemia realizado no ano 2005 polo Goberno Zapatero e posto ao día en dúas ocasión polo de Mariano Raxoi. Ou se negan a retardar agora a súa “normalización”, pois, como declarou o seu vicepresidente, Ignacio Aguado, “Madrid non pode quedar atrás pois ten que liderar a recuperación económica de España”.

    Pero se Galiza necesita decisións singulares para facerlle fronte a un virus, como puxo de manifesto a normativa aprobada polo Goberno bipartito no ano 2005 para caso de pandemia, do que ninguén semella lembrarse; máis necesita aínda un plano adaptado ao noso país para a recuperación económica e a valorización social.

    E, a maioría social, non lle valen as receitas que dominaron até agora a súa economía nin o Xacobeo como ensalmo.

    Pero os cambios sociais non se agasallan: conquístanse. Aínda que, en toda puxa, tan ben se pode gañar, como perder o xa acadado.

    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.