Primer Plano

A Xunta pide que as reunións do Nadal se limiten aos convivintes

O conselleiro de Sanidade recomenda que só en caso necesario se xunten dúas unidades familiares, e o máximo de adultos non pase de 6

  • 16 dic 2020 / 12:07
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, detallou este mércores o decálogo da Xunta para as festas do Nadal, marcadas pola incidencia do COVID. Neste sentido, a recomendación do executivo autonómico pasa porque as reunións sexan exclusivamente entre os convivintes. Só “se é preciso por distintos motivos incorporar algunha persoa adicional, a recomendación é que o máximo sexan dúas unidades familiares”.

En calquera caso, o conselleiro sinalou que o número de persoas, sen contar aos menores, non debe pasar de 6. Aínda así, “hai que manter a máscara posta cando sexa posible, celebrar preferiblemente ao aire libre, ter as fiestras abertas, e que as xuntanzas non se estendan máis do debido”. Outras das recomendacións da Xunta pasan porque sexa unha soa persoa a que coloque a mesa, que se eviten os saúdos, e que non se compartan bebidas nin alimentos.

Insitiu García Comesaña en que é prioritario nestes intres limitar “ao máximo” calquera tipo de mobilidade. Tamén pediu responsabilidade para non tirar pola borda o esforzo feito ata o de agora, e que non nos fagamos trampas ao solitario. É dicir, se pasamos a Noiteboa con outra unidade familiar, que sexa a mesma no Nadal e en Fin de Ano, e non unha distinta en cada celebración.

Na súa intervención, García Comesaña lembrou que as noites do 24 e do 31 de decembro o toque de queda estenderase ata as 1.30 horas. Ademais, Galicia estará pechada perimetralmente desde o 23 de decembro ao 6 de xaneiro, excepto por cuestións laborais, sanitarias, educativas ou de reagrupamento familiar.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.